miércoles, 29 de septiembre de 2010

FRACASADOS DE ANTEMANO

     Ó longo destos anos, chegaron a miña man dun ou doutro xeito cds, maquetas, primeiros discos, etc. de grupos musicáis non consagrados da rexión (uséase, Galicia) que case sempre seguían o mesmo camiño. Media ducia de escoitadas, por calquer cousa non me atrapaban (pouco que ofrecer, deficit de atención do oínte…) e pra estantería ata varios anos despóis…ou ata nunca.

     Pero este seguíu un camiño totalmente oposto. O que o levou dende un concerto desta banda en Cerceda onde merquéi este disco que hoxe aquí destripo, ata o casette do meu coche. E ainda segue ahí.

     Falamos dun grupo con tódalas letras. De un conxunto de músicos fundidos en torno a un són compacto, no que cada instrumento está pra servir ó fin último da canción, non pra lucimento propio. Eso sí, é imposible obviar que a voz da cantante, Alba Clemente, destaca. Principalmente porque destacaría en calquera grupo. Non é demérito dos compañeiros, bos instrumentistas, pero é que os cantantes teñen ese compoñente único que ou se ten ou non: Un timbre propio e persoal. Melodía pura. Ten boa mestra segundo teño entendido.

     Facendo un pouco de historia, dicir que coñecía ó grupo dunha etapa anterior onde primaban as versións de Rock’N’Roll e do que curiósamente xa tiña unha maqueta. Cambio de formación e arranque con novo estilo, que culmina neste disco de 6 temas + bonus track agochada na sexta, do que son afortunado posuidor. Un disco cunha gran producción, por encima do que soe ser o habitual por estos lares, ainda que é certo que as maquetas ou discos de grupos autofinanciados cada vez conseguen un mellor resultado, impensable fai unha década.

  Para información adicional non deixedes de visitá-lo seu myspace http://www.myspace.com/fracasadosdeantemano, onde poderedes ver datos coma formación do grupo, próximos concertos e, neste momento, escoitar un par dos seus temas deste disco. Tamén o número de contacto para que os chamedes cando queirades montar un bolo en condicións. Non defraudan. Teñen un bo directo. Tedes algunha mostra delo no youtube.

 

     Definen eles o seu estilo coma “Pachangueo lúdico-solidario”. Non podo estar máis de acordo. Pachanguéo nos seus ritmos, solidarios nas suas letras. Ludicos, ¡¡¡por suposto!!!. O resultado é unha mezcolanza de Rock, funky e un sin fin de pizcas de varios estilos que conseguen algo cada vez máis difícil: Ter un estilo propio.

     Voceiros é o primeiro tema. Contra o sistema. Parte de letra hip-hopeada e estribillo rockeiro, pegadizo, aberto, directo. Denuncia social. Solidarios. Sólo final de teclado e adéus.

     Segunda canción, Fracasados de antemano. Gustanme os seis temas, pero teño 3 máis preferidos, e este é un deles. Ten unha parte central instrumental caralluda, montada sobre un ritmazo de guitarra (Emilio), baixo (Bardanca) e batería (Javi Tejera), no que montan a cabalo o teclado (Román) e a trompeta (Bráis). Así é imposible fracasar.

     Terceiro tema: Santa Noctambula. Outro dos meus preferidos. Melodía de teclado inicial, das que nos gustaría sacar a diário ós que coma mín maltocamos algún instrumento. Despóis do resto do tema vaiche costar lembrar outra cousa que non sexa a voz. Non lembrarás nin o camiño da casa. Pideche que acompañes a letra, pero o mellor é que peche-la boca e disfrutes coa voz desta rapaza.

     Tema cuarto: Heroes. Os heroes sempre son solidarios. Parte instrumental que soa a latino cara o final, demostrando que lle dan a todo. Se os vedes en directo descubriredes incluso ritmos tirando a arabescos e incluso algo de RATM. Este é o tema máis tranquilo do disco.

     Quinto corte: Menezes. Basado nunha historia real, a historia dun electricista brasileiro, perdido polas ruas de Londres durante os atentados do metro. Para min o tema máis completo do disco. Cunha parte final onde Bráis, compañeiro “voceiro” de Alba, pon a garra que o tema do que se trata nesta canción merece. Non digo máis. So escoitadeo. Ou sexa, prioridade Nº 1, merca o disco. Prioridade Nº 2 se non sabes onde mercalo, myspace.

     No seu myspace tamén está o sexto tema: Bola de cristal. Postos a resaltar un detalle, o inicio da batería. Poucos golpes no momento preciso. Moi bos os arranxos instrumentáis do tema, coma todo o disco.

     E así se chega ó tema escondido, en lembranza de Camarón de la isla. Unha letra onde se narra a grandes rasgos a historia do Deus humán do flamenco. Un tema prácticamente sen producción de estudio, con poucos arreglos, unha boa letra e que vai ó ritmo que marcan as palmas, un caixón e a guitarra aflamencada. Da voz non falo. Xa falaredes abondo os que a escoitedes. Coma de todo o disco.

     Só dicir que non coñezo a nadie que escoitara o disco e non lle gustara. A única pega que se lle pode poñer é o non ter un libreto con 4 páxinas máis, letras e dedicatorias. Será manía miña, pero é o primeiro que vou mirar sempre nun disco.

     Un disco de calidade e tan cercano, que me fixo recuperá-las gañas por seguir adiante neste ingrato mundo da música. Se tes un soño hai que perseguilo, sen medo a fracasar de antemano. Como dí o seu tema, aprendendo en cada erro, triunfando en cada fracaso. Íso que eles xa conseguiron é o que agora eu persigo.

2 comentarios:

  1. Jajaja, qué Josiño, te mola mi contador, eh????

    ResponderEliminar
  2. Cuando vas a un concierto de un grupo desconocido la frialdad se apodera normalmente del oyente medio (no cuentan esos amiguetes que jalean tus solos).
    No conocer los temas que vas a oir suele, casi siempre, suponer una barrera que te convierte en un pseudo zombie. Esto no me pasó con Fracasados, tuve la suerte de verlos en el Túnel (la sala nueva del Coliseum) y disfruté como un enano. Consiguen lo más importante de un espectáculo, entretener (y de que manera). Su estilo es divertido y pachanguero, sin lugar a dudas se autodefinen muy bien. De Javi ya sabía que era buen batera, pero la voz de la chica... puf, y el sonido que produce tanto instrumento al más puro estilo Mano Negra y esas dos voces tan diferentes y que conectan tan bien... una gozada como rara vez ocurre con un grupo que empieza.
    Como dices, suenan conjuntados y tienen una cantante que es una pasada, si no te emociona medio millón de veces por concierto es que debes visitar a un otorrino o a un psicólogo. Sólo les pongo una pega, el (a mi entender) aburrido pregón catequético, la prédica izquierdista de turno que suele navegar entre tópicos, demagogia y demás chorradas del ramo, pero bueno, esta gente joven y este mundo del rock´n´roll siempre son así, se lo perdono porque son buenísimos, o mejor, buenérrimos.
    El cd (tirado de precio) en breve lo tendré rayado de tanto oirlo.

    ResponderEliminar